Obradoiro de Guión de Thriller con Eligio R. Montero (Bajo sospecha, Gran Hotel)
As novas tendencias da ficción televisiva dos últimos anos apuntan claramente cara unha aposta firme polas series de suspense en todas a súas variantes, desde os policíacos máis clásicos como Mar de plástico ou Bajo sospecha, ata as máis osadas como The Refugees que coqueteou coa ciencia-ficción ou Vis a vis, un drama carcelario inédito na nosa ficción. Desde AGAG cremos que paga a pena profundizar máis no tema, por iso invitámosche a mergullarte nas técnicas de escrita dos thriller televisivos a través dun obradoiro no que aprenderás a desenvolver o concepto, construir a trama e escribir escenas completas.
PROGRAMA
Escribir unha serie de thriller ou misterio ten moito en común con escribir calquera tipo de serie, mais tamén ten as súas peculiaridades. Neste breve obradoiro, partendo desas xeneralidades, iremos centrándonos nos aspectos máis especiais e específicos do xénero. Cada sesión terá unha parte teórica, bastante breve, e unha práctica na que os asistentes terán que formar grupos e enfrentarse ao reto de crear, estruturar e levar á práctica os diferentes elementos dunha serie de suspense para televisión.
Parte 1: O concepto e o mapa de tramas
Venres 20 de novembro de 2015 – 16.30-19.30h.
O concepto da serie – Espazo e personaxes – Conflictos – Arcos e tramas – Arcos de dobre obxectivo – Xiros e cliffhangers – Elementos propios das tramas de misterio e suspense – Un bo arranque e un gran final – O traballo en grupo
Parte 2: A escaleta
Sábado 21 de novembro de 2015 – 10.30-13.30h.
Formato da escaleta – Articulación das tramas – Actos, xiros e punto medio – Que é o de “ser orgánico”? – Organización da información – A tensión narrativa
Parte 3: O guión
Sábado 21 de novembro de 2015 – 16.30-19.30h.
Formato de guión – Secuencia narrativa e secuencia mecánica – Tono – Estruturar a escena – Diálogos e acción – Texto e subtexto – Intencións dos personaxes – Reescribir
Guionista profesional. Licenciado en Psicoloxía pola USC e titulado en Produción e Realización Audiovisual pola Escola de Imaxe e Son (A Coruña), completa a súa formación cun curso máster en xestión de dereitos de autor da SGAE, varios cursos do programa Euroimages e un máster en edición de guión (programa Arista-Media II), ademáis de numerosos seminarios con guionistas de recoñecido prestixio nacional e internacional.
A partir de 1999 comenza a traballar como guionista profesional, primeiro en aplicacións multimedia, videoxogos, publicidade e documentais, para pasar á ficción a partir do ano 2001. Primeiro en Galicia, onde traballou en varias das series de meirande éxito de TVG: Mareas Vivas, Pratos Combinados, Rías Baixas, Terra de Miranda, A Vida por Diante, El Show de los Tonechos, etc. Sendo, ademáis, cocreador de dous das series mási galardonadas (dentro e fóra de España) da televisión galega: As leis de Celavella e Padre Casares.
Aínda que xa antes tixera algunha incursión na ficción nacional (como dialoguista en Al Salir de Clase) a partir do 2007 comienza a traballar para series nacionais: Desaparecida, UCO, Guante Blanco, Gran Reserva, Hispania, Gran Hotel, Bajo Sospecha, Seis Hermanas… Nelas desempeñou todo tipo de labores e cargos: creación, coordinación, argumentos, diálogos…
As series nas que traballou gañaron numerosos premios nacionais (Mestre Mateo, Iris, Alma, TP, etc.) e internacionais (festivales de TV de Nueva York, Seúl, Montecarlo, etc.) e foron vendidas a numerosos países: Francia, México, Estados Unidos, Rusia, Argentina, Italia, Chile… Persoalmente recibiu o premio Mestre Mateo ao mellor guión en tres ocasións e o premio Alma, ao mellor guión nacional de televisión, nunha ocasión.