Obradoiro de guión de late latenight
José Molins aplicará a súa experiencia como guionista e coordinador de guión neste obradoiro de escritura, que replicará as dinámicas de traballo na sala de guionistas dun late latenight. Aprenderemos como construír o programa, como artellar o guión, como facer humor co entrevistado.
O obradoiro terá lugar en dúas sesións: Venres 10 de maio de 16h a 20h e sábado 11 de maio de 10h a 14h na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2), e é posible grazas ao apoio económico da Fundación SGAE.
Tarifa de inscrición: socios/as de AGAG, SGAE, FAGA e CREA, 35€. Estudantes, 50€. Tarifa xeral: 60€
Como guionista de entretemento, José Molins ten feito de todo, dende concursos (Ahora Caigo) ata programas informativos (La Sexta Columna). Pero é a súa vinculación coa productora El Terrat a que o lanza a escribir en dous formatos de éxito para Movistar+: Locomundo e La Resistencia.