O guión adaptado
Director e guionista, Lamata ten firmadas películas como Nuestros amantes, Tensión seuxal no resuelta, Isi/Disi: Alto Voltaje, e Los Futbolísimos. Precisamente despois da estrea de Los Futbolísimos, unha produción de Atresmedia Cine, o seu director falará do proceso de adaptación dunha das sagas literarias infantís máis importantes de España, con máis de 1.300.000 exemplares vendidos no noso país. Sempre pululando pol xénero da comedia cara a públicos diversos, o ponente repasará a súa carreira, tratando as particularidades de cada proxecto e os escollos e os retos que atopou no camiño.
A clase maxistral terá lugar o Xoves 4 de outubro de 16:30h a 20:00h na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2) en horario de 16:30h a 20:00h, e é posible grazas ao apoio económico da Fundación SGAE.
Trátase dunha actividade gratuíta para aquelas persoas asociadas en AGAG, SGAE, FAGA e CREA.
Inscricións e reserva de prazas: info@guionistas.gal
O prazo de inscrición remata o 1 de outubro ás 23.59h
Miguel Ángel Lamata - Director e guionista
Director e guionista, Miguel Ángel Lamata ten firmadas películas como Nuestros amantes, Tensión seuxal no resuelta, Isi/Disi: Alto Voltaje, e Los Futbolísimos.