Masterclass de Late Night (Joan Grau)
Esta temporada, desde as actividades formativas de AGAG, imos poñer o foco nos programas de televisión. E empezamos, o vindeiro venres 20 de maio, co Late Night.
Para falarnos do proceloso mundo do entretemento nocturno estará con nós Joan Grau, o cerebro que controla os equipos de guión que hai tralos programas de Andreu Buenafuente.
Como se plantexa o traballo de guión nun late night? Cal é o papel do coordinador, e cal o perfil do guionista que se busca? Como lidiar coa personalidade e o carisma dun presentador como Buenafuente? Ou, nun nivel máis científico… cal é a esperanza de vida dun responsable de guión dun late night? Joan Grau sobrevive -de momento- para abordar estas e outras cuestións.