II PREMIO AGAG DE GUIÓN EN GALEGO PARA LONGAMETRAXE 2020
“II PREMIO AGAG DE GUIÓN EN GALEGO PARA LONGAMETRAXE”
Continuando cos obxectivos plantexados na primeira edición - potenciar a lingua galega no audiovisual, promover aos autores que escriben en galego e axudar a difundir o traballo dos nosos socios -, a Asociación Sindical Galega de Guionistas convoca o “II PREMIO AGAG DE GUIÓN EN GALEGO PARA LONGAMETRAXE”.
BASES
1. O premio estará aberto a todos os autores maiores de idade que o desexen, de calquera nacionalidade, que residan no territorio español. Quedarán excluídos desta convocatoria os membros da Xunta Directiva de AGAG, que conformarán o xurado.
2. Os guións presentados deberán estar escritos en lingua galega e para longametraxes de ficción. A temática das obras será libre, pero valorarase que a acción transcorra en Galicia.
3. Non se admitirán sinopses, tratamentos ou guións inacabados. As obras deberán ter formato profesional e estar inscritas no Rexistro da Propiedade Intelectual. Aquelas obras que carezan dunha presentación profesionalmente adecuada poderán ser descualifica-das a xuízo do xurado.
4. Os autores deberán garantir que a súa obra é orixinal e inédita. No caso de que o guión fose unha adaptación dunha obra pre-existente, o autor deberá atoparse en posesión dos dereitos de adaptación, ou a obra orixinal deberá atoparse no dominio público.
5. As obras presentaranse mediante envío á dirección de correo electrónico “coordinacion@guionistas.gal”. No asunto do mail especificarase: “II PREMIO AGAG DE GUIÓN EN GALEGO PARA LONGAMETRAXES”. E no mesmo correo enviaranse os seguintes arquivos adxuntos:
- Nun arquivo, que será denominado co TÍTULO DA OBRA en maiúsculas, enviarase a mesma baixo pseudónimo.
- Noutro arquivo, que será denominado co TÌTULO DA OBRA – PLICA en maiúsculas, enviaranse os seguintes datos persoais: Título da obra; Pseudónimo; Nome/s e apelidos do/s autor/es; N.I.F.; Dirección de domicilio completa; Teléfono; Correo electrónico.
- Declaración do autor/es autorizando a AGAG o uso dos seus datos nas xestións do premio.
- Declaración do autor/es de que a obra é orixinal e inédita.
- Copia do certificado de inscrición do guión no Rexistro da Propiedade Intelectual.
6. O prazo de admisión dos guións será do 1 de agosto ao 25 de novembro (inclusive) do 2020.
7. O xurado do premio estará conformado polos membros da Xunta Directiva de AGAG. Valorará a calidade, interese e viabilidade dos guións, así como especialmente aqueles traballos que mostren unha perspectiva de xénero.
8. De entre os traballos presentados, o xurado escollerá tres finalistas, que se anunciarán o luns 14 de decembro de 2020. O fallo definitivo farase público o luns 21 de decembro mediante a publicación en medios de comunicación e nas RRSS de AGAG.
9. O premio non poderá declararse deserto, e o fallo do xurado será inapelable. En caso de empate nas votacións, o Presidente de AGAG exercerá o seu voto de calidade.
O premio contará cunha dotación económica de dous mil cincocentos euros (2.500,00 €), sometidos á tributación que a lexislación marque pertinente. Os outros dous finalistas recibirán un diploma acreditativo da súa designación como tales.
Tanto os 2 proxectos finalistas como a persoa gañadora do Premio terán o beneficio dunha subscrición gratuíta de 6 meses no mercado online da plataforma FILMARKET HUB.
11. A persoa ou persoa premiadas comprométense a que no asinamento de contratos de cesión posteriores á concesión do premio conste explicitamente que nas copias da longametraxe por realizar, tanto en soporte cinematográfico como videográfico, ou en calquera outro tipo de soporte ou material promocional deste,
figure a mención "II Premio AGAG de Guión en Galego para Longametraxe" e o logotipo de AGAG.
12. No caso de que a persoa ou persoas autoras da obra gañadora do premio non pertencesen a SGAE, aquela/s comprométense a inscribir a mesma no catálogo da entidade de xestión de dereitos de autor patrocinadora, unha vez o guión galardoado se exhiba publicamente.
13. Será descualificada toda obra que fose filmada con anterioridade ao premio, ou que se atope comprometida con algunha empresa audiovisual antes do fallo do xurado. Igualmente, queda excluído deste certame todo guión que fose premiado nalgún outro concurso con anterioridade á súa presentación ao I Premio AGAG de Guión en Galego para Longametraxe ou durante o período comprendido entre a súa presentación ao premio e o seu fallo.
14. Os exemplares das obras non seleccionadas non se devolverán aos autores, sendo destruídos a partir da notificación do texto premiado.
15. A inscrición neste certame supón a aceptación íntegra das súas bases.
15. As persoas participantes eximen a AGAG de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera outra trasgresión da lexislación vixente que aquelas puidesen cometer no certame.
En Santiago de Compostela, a 15 de xullo de 2020.
Organiza
Co apoio de