Escribir para novas plataformas
En AGAG comezamos a oferta formativa deste ano coa clase maxistral de David Sáinz, un dos creadores de Malviviendo, arredor da escritura para novas plataformas.
A cita será o luns 9 de abril na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2) en horario de 16:30h a 20:00h, e é posible grazas ao apoio económico da Fundación SGAE.
Trátase dunha actividade totalmente gratuíta para socias e socios de AGAG, FAGA, SGAE e CREA. A tarifa xeral é de 20€ e a de estudante, 15€.
Inscricións e reserva de prazas: info@guionistas.gal
Agardámosvos!
David Sáinz - Todo un referente no mundo dos contidos para internet.
Guionista, director e actor, David desenvolveu dúas ficcións (Entertainment e Mambo) nas principais plataformas multimedia xurdidas a carón das televisións xeralistas (Flooxer e Playz), foi un dos fundadores da produtora Diffferent Entertainment e un dos creadores de Malviviendo, a webserie hispanofalante máis vista do mundo.