Clase maxistral "Movistar e La Peste"
A clase maxistral abordará o proceso de escritura e documentación de "La Peste", un ambicioso thriller ambientado na Sevilla do século XVI, a última ficción para televisión de Rafael Cobos.
Terá lugar o venres 28 de xuño de 16.30h a 20h na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2) e é posible grazas ao apoio económico da Fundación SGAE.
Trátase dunha actividade gratuíta para membros de AGAG, SGAE, FAGA e CREA. A tarifa xeral é de 20€, e a tarifa de estudante é de 15€.
Inscricións e reserva de prazas: info@guionistas.gal
O prazo de inscrición remata o 25 de xuño ás 23.59h
Rafael Cobos López é guionista de cine e televisión. Foi galardonado con dous premios Goya por "La isla mínima" (2015) e "El hombre de las mil caras" (2017) ambas de Alberto Rodríguez, director co que colabora habitualmente co-escribindo os guións das súas películas. Foi tamén un dos creadores e guionistas da serie "La peste", estreada en 2018 con grande éxito de crítica.