Clase Maxistral de Guión de Monólogos de Comedia
PROGRAMA
Parte 1: 16.30-18.00h.
1. O principio de todo: facer rir. Algo doado ou non? Armas para acadar o obxectivo.
2. O monólogo como concepto. Unha persoa e un texto frente ao público. Antecedentes.
3. Diferentes formatos nos que encaixa un monólogo cómico: teatro, televisión, radio, etc… Características dos monólogos en función do medio.
4. Monólogo = humor intelixente? Tópicos do xénero.
5. Temáticas a tratar nun monólogo. Vale todo con tal de facer rir? Propostas.
Parte 2: 18.15-20.00h.
6. Referentes galegos e nacionais do monólogo cómico.
7. Duración e estrutura do texto. Diferentes estilos. Particularidades do que facemos en Galicia.
8. Relación entre o texto e o intérprete. Existencia ou non de personaxes na execución do monólogo cómico. Vantaxes e desvantaxes do monólogo respecto a outros formatos cómicos.
9. Saídas profesionais. Presenza do monólogo no panorama cómico actual.
10. Exemplos, propostas, preguntas, dúbidas e suxestións.
Pepo Suevos é un home polifacético. Esperou como fillo modélico que é a rematar a licenciatura en Ciencias Económicas para procurar un oficio que lle enchera plenamente as súas aspiracións. Así foi como, a partires do ano 2000, decidiu cambiar o de facer números por montalos, e o de endosar letras por escribilas.
Actualmente ten unha sólida traxectoria como guionista e actor, con destacada presenza, sobre todo, en producións para TVG, pero con certa experiencia tamén a nivel nacional en cine ou canles xeneralistas. Así e todo, a faceta na que máis destaca é na de monologuista, con máis de 1500 actuacións ás súas costas, e cun repertorio dos máis amplos que se poden atopar actualmente no noso país. Presenta os seus textos en escenarios do máis diversos, desde casas da cultura ata vodas polo civil, pasando por platós de television ou tabernas de cazadores. Non hai dúbida de que este é o formato que máis lle gusta, pero a evolución é caprichosa, e no ano 2009 da un paso de xigante no mundo da escrita, ao crear xunto con Roberto Vilar e Xose A. Touriñán o programa Land Rober, de TVG. De aí pasa a escribir Tourilandia, e despois a idear A casa da Conexa, todos eles na TVG.
Tamén é autor de pezas teatrais como HaiPOD ou Viramos tolos pola tele. Como guionista, polo de agora está especializado en comedia, pero dádelle tempo.