Clase Maxistral de Comedia Romántica con Diego San José, coguionista de “Ocho apellidos vascos”
PROGRAMA
Parte 1: 10.30-12.00h.
- A comedia romántica como xénero: as súas peculiaridades.
- Os personaxes dunha comedia romántica.
- Momentos fundamentais de toda comedia romántica.
Parte 2: 12.15-14.00h.
- Os gags nunha comedia romántica: que fagan rir non é dabondo.
- 4 trucos para dialogar unha escea de comedia romántica.
- O punto intermedio entre o final previsible e o decepcionante.
Diego San José é un guionista español de cine, teatro e televisión. Para a pequena pantalla escribiu en programas como “Vaya Semanita”, “El Intermedio”, “Qué vida más triste” ou “La noche de José Mota”. A súa primeira colaboración en cine foi no guión de “La máquina de bailar” (Óscar Aíbar, 2006). No devandito filme compartiu crédito con Borja Cobeaga, con quen firmará o libreto das súas outras tres películas, “Pagafantas” (2009), “No Controles” (2011) e a súa última estrea, a película máis taquillera da historia de España e gañadora de tres Premios Goya, “8 apellidos vascos” (2014). Tén pendentes de estrea as películas “8 apellidos catalanes” e a comedia romántica “Tenemos que hablar”.
Ademáis, é profesor na Escuela de Cine de Madrid e no Master de Guion da Universidad Pontificia de Salamanca.